• Primeiro cada familia na casa busca distintas pinturas de pintores galegos e deben envialas a escola.
• Co material recopiado as encargadas do obradoiro planifican as distintas actividades que se van realizar no obradoiro cos rapaces/as.
• O final os 3 cadros elixidos para traballar cos nenos son:
o Maruja Mallo. Máscaras. 1950-1955.

o Luis Seoane. Conversa na praia. 1976

o Leandro Lamas. "Voando no vodorrio do ceo da Terrachá"

• Preséntanse os cadros, un por grupo, primeiro deixamos voar a imaxinación dos nenos, que fagan unha choiva de ideas sobre o que a imaxe lle provoque. Recollemos esas impresións por escrito para que quede constancia.
• Pedímoslles que fagan un debuxo a nivel individual do cadro que lles tocou para ver como o reflexa eles.
• Unha vez que temos claro o que eles senten o ver os cadros pasamos a facer unha investigación mais a fondo do material recopiado e enviado a escola polos pais. Con isto pretendemos que os nenos/as vexan a importancia do traballo coa familia e aprenden algo mais sobre a obra e o seu pintor.
• Unha das actividades mais importantes e que os nenos descubran sentimentos e expresións de sentimentos o ver un cadro. Así algún dos sentimentos recollidos poden ser:
o “Máscaras”: ledicia/tristeza; non todo son risas; dos momentos malos tamén podemos aprender; nesta vida temos que sacar o bo e o malo de cada experiencia.
o “Conversa na praia”: conversa, compartir, amizade, convivir, felicidade, tranquilidade, somos iguais, somos distintos, …
o "Voando no vodorrio do ceo da Terrachá": felicidade, ledicia, compartir, amor, cariño,…
• Por último fase un mural cos debuxos feitos polos nenos, unha representación do cadro feito polos nenos empregando distintos materiais e unha imaxe do propio cadro.
Así como a información aprendida tanto sobre o cadro como sobre o pintor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario