Hoxe quero falaros dun dos obradoiros que facemos polas tarde, ver un pouco os obxectivos que se perseguen e un exemplo do que facemos:
Obxectivos:
Coñece formas de dramatizar e elaborar personaxes:
o Pintase as súas mans e dedos
o Con obxectos de casa: cenorias, patacas, bolsa de plástico, papel, …
o Co seu corpo: maquíllanse e disfrázanse para dramatizar diferentes personaxes.
Aprenden a mover e a vivenciar personaxes:
o Manexan os bonecos de guiñol axeitadamente.
Con estas técnicas ou actividades pretendese:
o Aproveitar as linguaxes ocultos que teñen os nenos/as e conseguir que os empregue mediante a dramatización. Incentivar os rapaces/as a que, de forma colectiva e sen presenza do adulto, organice situacións de representación.
o Desinhibir ao neno/a para que se poida expresar sen temores actuando no xogo dramático e en actuacións con títeres.
o Fomentar a expresión mímica xestual e a do movemento de todo o corpo para coñecer as súas posibilidades de representación (coas mans, cos dedos, …) e que consiga avanzar na toma de conciencia de si mesmo e da súa propia imaxe.
Conto: "Os Esquíos Egoístas"
Personaxes:
- Esquío gris - Oso
- Esquío marrón - Coello
- Esquío branco -Varias árbores
- Raposo -Narrador
Narrador: os animais do bosque prepáranse para a chegada do inverno. Había que encher o tobo de comida, porque o inverno era moi longo, moi longo, a neve cubríao todo e non se podía camiñar! Por iso toda a comida era pouca. Os esquíos, o raposo, o oso e o coello afanábanse en encher as súas cestas de todo o que encontraban; castañas, noces, landras, bagas, raíces; todo, todo era bo, non se podía deixar nada.
- Esquío gris: Que noces tan grandes, vou coller todas, todas para min, non deixarei nin unha!
- Esquío marrón: Cantas castañas, traballarei á présa para recollelas todas!
- Esquío branco: Oh, miúdas landras, que gordas, á présa, á présa, antes de que cheguen os outros animais e mas collan!
Narrador: cando coello, oso e raposo chegaron, xa non quedaba nada; nin unha noz, nin unha castaña, nin unha landra.
- Coello: Oh, non hai nada, nin tan sequera unha pequena landra!
- Raposo: Quen puido ser tan egoísta, que non se acordou de nós e leváronse todas as noces?
- Oso: Paréceme que sei quen foi!, os esquíos, foron os esquíos que son unhas egoístas, nunca pensan nos demais!
Narrador: os tres animaliños marchan moi tristes, coas súas cestas baleiras.
- Coello: Que vou comer durante todo o inverno, morrerei me de fame!
- Raposo: Agora mesmo vou ao tobo dos esquíos e quitareilles a metade do que recolleron!, perténcenos a nós!
- Oso: Non, deixémoslle todo!, nós marcharemos a outro bosque e alí encontraremos moitas noces, e moitas castañas!, estou seguro que os esquíos de alí, non serán tan egoístas como estas!
Narrador: os esquíos estaban escondidos e dende o seu burato viron e escoitaron o oso, o coello e o raposo. Sentíronse avergoñadas por todo o que fixeran. Déronse conta de que se portaran moi mal, que foran moi egoístas, que só pensaran nelas. Saíron e correron chamando os outros animais.
- Esquíos: Vide, vide!
- Esquío gris: Fomos moi egoístas, perdoádenos!
- Esquío marrón: Nunca volveremos facelo!
- Esquío branco: Repartiremos os froitos entre todos!, ninguén debe facer iso!, temos que pensar nos demais!
Narrador: os esquíos nunca máis volveron ser egoístas e así fixeron moitos amigos.
FIN
Desenvolvemento:
Serán varias actividades. Na primeira realizase a lectura da obra a realizar e escollese os rapaces que van facer a representación seguindo a orde de lista. Na seguinte sesión se preparan entre todos os disfraces para a representación. Na terceira se aprenden os diálogos que serán curtos e farase un ensaio xeral, mentres os outros rapaces axudaran facendo a decoración do escenario. Na ultima repásanse os diálogos e procedese a representación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario